Resultados do Monográfico de Ourivaría e Serigrafía

“Serigrafía aplicada ás técnicas de esmaltado ao lume”

Neste post vou amosar o resultado do curso monográfico que demos no mes de Novembro e que foi unha proposta conxunta entre Ourivaría e Serigrafía artística. 

Colar esmaltado e serigrafiado, deseñado e realizado por Pilar.

Os obxetivos de este curso comprendían o deseño e elaboración de pezas de cobre para construir un colar ou un broche, o cobre serviríanos de base para despois cubrir con esmalte. 

Estos foron os primeiros pasos : 

Unha vez que as pezas estiveron cortadas e preparadas, o proceso seguinte foi esmaltar con cores base. 

Alumnado do monográfico Serigrafía e Ourivaría- EMAO
Alumnado do Monográfico de Serigrafía e Ourivaría, no proceso de aplicación do esmalte. 

E cocer …. 

Despois das prácticas co esmalte, cada alumno preparaou as súas pezas para elaborar o colar ou o broche final, no que xa aplicarían as técnicas serigraficas. 

Os deseños que os alumnos aplicaron nas súas pezas foron preciosos debuxos que se sacaron do libro de Ramón de la Sagra (1855), La isla de cuba, Tomo VIII atlas de zoología, París ,que se pode consultar na Hemeroteca da EMAO.

Aquí podemos ver como aplicaban os procesos …

A seguir secábamos o esmalte e cocíamos no forno …

E así saían as primeiras pezas …

Estos nos foron traballos e procedementos sinxelos, cada peza levou mínimo tres cocións, ademais foi un reto serigrafiar nestas superficies curvas, pero os alumnos traballaron duro e obtiveron grandes resultados para o tempo que tiñamos e a dificultade, conceptos e práctica que tiñan que asimilar e aplicar. 

Por último quedaba a montaxe para poder obter o resultado final

Algúns dos colares rematados:

Algúns dos broches rematados:

Este foi un monográfico moi intenso, estou moi orgullosa do traballo e implicación que tiveron, foi un grupo traballador e aplicado, esperamos ter cumprido as vosas expectativas, 
moitas grazas a todos (Leti, Clara, Andrea, Lourdes, María José, Sabela, Ana, Julia, Pilar, Geni, Coke, David, Esther e Marisa)

Foi un placer ;DD

Monográfico de Ourivaría e Serigrafía – Nova Convocatoria de Cursos Monográficos na EMAO

Ola a todos!!! Xa comezou o novo curso ordinario pero tamén xa temos nova convocatoria de cursos monográficos.

O curso Monográfico da nosa especialidade será feito en colaboración coa especialidade de Serigrafía Artística baixo o título  “Serigrafía aplicada ás técnicas de esmaltado ao lume”.

IMG-20180929-WA0004 2IMG-20180929-WA0001

Impartido por Alba Pardo e eu mesma Sandra de Jesús, mestras de Serigrafía artística e Ourivaría respectivamente.
Destinatarios: O noso monográfico é aberto a persoas sen coñecemento previo sobre ás técnicas destas especialidades pero non deben estar matriculadas na EMAO no curso 2018-19
As Datas do cursos son: Do 22 de outubro ao 21 de novembro de 2018. Luns e mércores de 10,00h as 13, 00h
Duración: 30 horas

Qué imos facer neste curso: Pois imos construir un broche ou colar aplicando as técnicas de esmalte ao lume, sobre as pezas xa esmaltadas con cores base, aprenderemos e aplicaremos con esmalte as técnicas serigráficas, empregando os deseños do libro de Ramón de la Sagra (1855), La isla de cuba, Tomo VIII atlas de zoología, París ,que se pode consultar na Hemeroteca da EMAO.

O obxectivo deste curso é: dotar ao alumnado dos coñecementos básicos da serigrafía e aplicalos de maneira práctica e específica na técnica do esmalte ao lume de ourivaría.

  • Deseñar a peza ou pezas de cobre que compoñen o colar ou o broche, estas pezas serán esmaltadas unha primeira vez con esmaltes de base e unha segunda vez cos debuxos serigrafiados baixo a temática da Fauna e da Flora mariña.
  • Aprender a traballar e aplicar as técnicas e procedementos básicos da Serigrafía e da Ourivaría.
  • Crear unha peza rematada (broche ou colar) coas técnicas descritas e con debuxos que sacados do libro de Ramón de la Sagra (1855), La isla de cuba, Tomo VIII atlas de zoología, París ,que se pode consultar na Hemeroteca da EMAO.

O Programa:

  • Desenvolvemento do deseño dos distintos elementos que forman a peza final, integración e combinación das cores.
  • Adecuación dos elementos a temática e a funcionalidade.

Ourivaría (metodoloxía teórico-practica)

  • Materiais e ferramentas a empregar
  • Técnicas de corte
  • Técnicas de conformado
  • Limar e esmerilado
  • Técnicas de esmaltado
  • Articulacións e peches
  • Acabados e montaxe

Serigrafía (metodoloxía teórico práctica)

  • Materiais e ferramentas a empregar
  • Preparación de pantaias e fotolitos
  • Emulsionado, insolado e revelado
  • Estampación
  • Limpeza de pantaias serigráficas.

Material a aportar polo alumnado: comprará en grupo certos consumibles de baixo custo; as indicación daranse ao comezar o curso.

Aproveitade este monográfico pois aplicar serigrafía ao esmalte ao lume é algo que non se aprende en moitos sitios así que aquí tedes unha boa oportunidade.

CONDICIÓNS COMÚNS A TÓDOLOS CURSOS
Duración curso: 30 horas
Lugar: Aulas e talleres da Escola Muncipal de Artes e Oficios de Vigo
Prazas limitadas: 15 por curso
Non poderán inscribirse as persoas que estean matriculadas na EMAO no curso 2018-2019

Inscripción:
Gratuíta. Mediante envío de correo electrónico ao enderezo emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles):

  • Asunto: [nome do curso]
  • Nome e apelidos do/a solicitante:
  • DNI:Teléfono de contacto:
  • Enderezo de correo electrónico no que desexan recibir a confirmación de admisión, se é o caso.
  • Anos nos que cursou estudos da especialidade na EMAO [se é o caso no que sexa condición telos cursado para acceder ao curso solicitado]

Admisión de solicitudes:
Prazos: ata o 18 de outubro de 2018 (agás curso de Talla/Encadernación que ten de prazo de presentación ata o 18 de decembro)

  • Só se admiten persoas maiores de 16 anos.
  • Só serán válidas as solicitudes que cumpran estrictamente as condicións indicadas nesta convocatoria para cada curso en concreto.
  • A inscrición farase por estricta orde de recepción do correo electrónico de solicitude ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
  • A confirmación da matrícula realizaráa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase aos reservas.

 

Ademais do noso curso aquí podedes var toda a Convocatoria dos Monográficos

Esperámosvos!!! ;D

Escola de Verán na EMAO – Xullo 2018

escola-veran-2018-webdef

Xa temos aquí a convocatoria para os Cursos Monográficos da nosa Escola de Verán da EMAO.

Na Especialidade de Ourivaría en conxunto coa Especialidade de Encaixe de palillos ofertamos un curso de 30 horas , titulado Mar de latón e fío.

A nosa proposta vai dirixida a xente sen coñecementos en ningunha das dúas especialidades, o obxetivo é realizar unha peza completa, en concreto un colar de deseño propio no que se aplicarán as técnicas básicas das dúas especialidades. 

IMG-20180606-WA0005

 

Ensinaremos a traballar co metal, seguetear, dar forma e volume, soldar e rematar a peza para combinalo con un corpo feito de encaixe de palillos para o que aprenderase a encher palillos, a deseñar a estructura, a facer o punto básico (par enteiro) e a rematar a peza.

Se cumplides os requisitos animádevos!!!

Será un curso intenso con moitos contidos pero a vez ameno e divertido para eses días de verán, e o mais importante poderedes aprender e coñecer como son estas dúas especialidades, e o ben que se complementan.

Se estades interesados aquí tedes toda a informaciónde todos os cursos e como inscribiros,  Escola de verán EMAO 2018

 

 

 

6 de Abril Día de Portas Abertas na EMAO

O día 6 de Abril abriremos as portas das aulas para que nos poidades visitarnos, este é o programa.

IMG-20180402-WA0001

¿Que faremos na especialidade de Ourivaría?

Pois a nosa proposta é que ademais de poder visitar o obradoiro, teremos unha exposición do traballo dos alumnos feito neste curso pero ademais poderedes ver traballar aos alumnos dos cursos superiores, estarán traballando a técnica de esmalte pintado coa súa aplicación en húmido.

Os alumnos prepararán pezas de cobre ou prata para esmaltar e despois aplicar a pezas de xoiaría, o esmaltado é unha técnica complementaria moi decorativa coa que podemos facer un gran uso da cor e combinala co traballo en metal.

Espero que vos guste e veñades a visitarnos, estaremos coas portas abertas de 12:00 a 14:00h e pola tarde de 16:00 a 18:00h.

Ata o venres 6!!! ;D