Resultados do Monográfico de Ourivaría e Serigrafía

“Serigrafía aplicada ás técnicas de esmaltado ao lume”

Neste post vou amosar o resultado do curso monográfico que demos no mes de Novembro e que foi unha proposta conxunta entre Ourivaría e Serigrafía artística. 

Colar esmaltado e serigrafiado, deseñado e realizado por Pilar.

Os obxetivos de este curso comprendían o deseño e elaboración de pezas de cobre para construir un colar ou un broche, o cobre serviríanos de base para despois cubrir con esmalte. 

Estos foron os primeiros pasos : 

Unha vez que as pezas estiveron cortadas e preparadas, o proceso seguinte foi esmaltar con cores base. 

Alumnado do monográfico Serigrafía e Ourivaría- EMAO
Alumnado do Monográfico de Serigrafía e Ourivaría, no proceso de aplicación do esmalte. 

E cocer …. 

Despois das prácticas co esmalte, cada alumno preparaou as súas pezas para elaborar o colar ou o broche final, no que xa aplicarían as técnicas serigraficas. 

Os deseños que os alumnos aplicaron nas súas pezas foron preciosos debuxos que se sacaron do libro de Ramón de la Sagra (1855), La isla de cuba, Tomo VIII atlas de zoología, París ,que se pode consultar na Hemeroteca da EMAO.

Aquí podemos ver como aplicaban os procesos …

A seguir secábamos o esmalte e cocíamos no forno …

E así saían as primeiras pezas …

Estos nos foron traballos e procedementos sinxelos, cada peza levou mínimo tres cocións, ademais foi un reto serigrafiar nestas superficies curvas, pero os alumnos traballaron duro e obtiveron grandes resultados para o tempo que tiñamos e a dificultade, conceptos e práctica que tiñan que asimilar e aplicar. 

Por último quedaba a montaxe para poder obter o resultado final

Algúns dos colares rematados:

Algúns dos broches rematados:

Este foi un monográfico moi intenso, estou moi orgullosa do traballo e implicación que tiveron, foi un grupo traballador e aplicado, esperamos ter cumprido as vosas expectativas, 
moitas grazas a todos (Leti, Clara, Andrea, Lourdes, María José, Sabela, Ana, Julia, Pilar, Geni, Coke, David, Esther e Marisa)

Foi un placer ;DD

Advertisement

Primeiras pezas dos alumnos do curso 2016-17

O curso comezou coa particularidade de que todos os grupos son de primeiro, Iniciación é o grupo da mañá e os Básico A e Básico B son os grupos da tarde.

O estudo da especialidade comeza por aprender as técnicas e procedementos básicos de esta arte a través da práctica, así pois as pezas que amosamos a continuación son o resultado creativo e construtivo do traballo dos alumnos, esperamos que vos gusten ;D

Pezas de Leticia Gestido, Básico A curso 2016-17:

 

 

As pezas que estamos a ver están construídas en cobre e latón incorporando outro tipo de materiais como a madeira.

 

Pezas de Tibisay Rey, Básico A 2016-17:

 

 

 

Pezas de Ana Álvarez, Iniciación 2016-17:

 

 

 

 

Pezas de Raquel Cendón, Básico A 2016-17: 

 

 

 

Continuará  … .. .

 

Traballando con acibeche I

Aneis de Acibeche e fío entorchado …

Esta é unha primeira mostra dos traballos de deseño e construcción dos alumnos do curso 2015-16

Anillo de plata, azabache e hilo entorchado de Amalia Silva Inunciaga - curso 2015-16 Ourivaría EMAO
Anel de prata e acibeche de Amalia Silva Inunciaga

anillo-az-filig-amalia-silva-3

O exercicio consistía en deseñar e construir un anel a unha talla determinada con deseño libre pero no que había que introducir o traballo con fío entorchado e con acibeche.

Anillo de plata y azabache de Olga Galán - Ourivaría EMAO
Anel de prata e acibeche de Olga Galán

                                                           Anillo de plata y azabache de Olga Galán - Ourivaría EMAO

Teño que dicir que os resultados foron excelentes, cada alumno tallou o seu acibeche coa forma que creía oportuna e adecuada para o seu deseño.

Anillo de plata, azabache e hilo entorchado de Andreea Obancea - curso 2015-16 Ourivaría EMAOAnillo de plata, azabache e hilo entorchado de Andreea Obancea - curso 2015-16 Ourivaría EMAO

            Anel “Estrela de mar” de prata e acibeche de Andreea Obancea

O aprendizaxe de traballar con un material novo para eles pero que forma parte da tradición xoieira de Galicia, foi moi exitoso.

Anillo de plata, azabache e hilo entorchado de Alfonso Fernández - curso 2015-16 Ourivaría EMAO
Anel de prata e acibeche de Alfonso Fernández

A pesar do peso da tradición os resultados foron moi contemporáneos, como xa vedes.

Anillo de plata y azabache de Marta Puga - curso 2015-16 Ourivaría EMAO
Anel de prata e acibeche de Marta Puga

Anillo de plata, azabache e hilo entorchado de Belén Peláez - Curso 2015-16 Ourivaría EMAO
Anel de prata e acibeche de Belén Peláez

Anillo de plata y azabache de Alexandre Hermida - curso 2015-16 Ourivaría EMAO
Anel de prata e acibeche de Alexandre Hermida

Anillo de plata, azabache e hilo entorchado - Alexandre HermidaAnillo de plata, azabache e hilo entorchado de Alexandre Hermida - curso 2015-16 Ourivaría EMAO

Anillo de plata, azabache e hilo entorchado de Elena Pedrosa - curso 2015-16 Ourivaría EMAO
Anel prata e acibeche de Elena Pedrosa

Anillo de plata, azabache e hilo entorchado de Elena Pedrosa - curso 2015-16 Ourivaría EMAO

Esta foi unha pequena mostra pero temos mais para mostrar …. ;D