O venres 31 de Marzo faremos unha xornada de Portas Abertas na Escola, poderanse visitar os obradoiros de todas as especialidades nos seguintes horarios:
- De 10:00 a 12:00: Construción artesanal de Instrumentos Musicais (Zanfona e Instrumentos populares Galegos) e Serigrafía Artística.
- De 12:00 a 14:00: Encadernación e Luthería Antiga.
- De 16:00 a 18:00: Escultura e Talla en Madeira, Debuxo, Pintura, Moda e Confección e Orfebrería.
- De 18:00 a 20:00: Cerámica e Artesanía en Coiro.
Ademais poderedes visitar:
- De 9:00 a 12:00 e de 16:30 a 19:30 poderase visitar a Biblioteca da Escola, especializada en Oficios Artísticos.
- De 19:00 a 21:00 no Espazo EMAO (Sala de Exposicións) poderase visitar a Exposición “#handmadenothomemade. Coiro: Volume e Cór”organizado pola especialidade de Artesanía en Coiro.
No Obradoiro de Ourivaría atoparedes traballando nos seus proxectos aos alumnos do curso Avanzado, explicaremos as técnicas e procedementos nos que están a traballar.
ademais teremos unha exposición de traballos de tódolos grupos matriculados neste curso, como comenzaron a traballar con metal, e como cada vez os traballos vanse complicando en técnicas, deseño e construcción.
O que queremos e amosar o que facemos e como o facemos, seguro que vos sorprenderemos!!!!