Exposición Proyectos 2017 – Ourivaría

O venres 10 de Novembro inaugurouse a Exposición Proxectos 2017, con un total de 40 proxectos de nove especialidades, Pintura, Debuxo, Escultura e talla en madeira, Serigrafía, Cerámica, Ourivaría, Artesanía en Coiro, Encuadernación e Moda.

 

 

Dende a especialidade de Ourivaría foron 9 as alumnas que presentaron o seu proxecto cada un coas súas particularidades.

Os proxectos presentados son:

“Un botón singular” de Elena Rodriguez Rial

  

“A Metáfora” de Amalia Silva Ynunciaga    

 

Millo, carrizas e mais” de Mª Jesús Sierra Insua

 

“Música nas máns” de Marisol Otero Diéguez

P71109-132404

 

“Amiñalúa” de Iria Lojo Díaz

 

“Unha noite de primavera” de Eva Lucía Rodríguez Estévez

 

“Cada Vestiario unha xoia” de Casilda González Rodríguez

 

“ArteNpelo” de Belén Peláez de la Cruz

 

“Teño unha man, necesito un dedal” de Mª Ángeles Pombo Fernández

 

Se queredes saber mais destas extraordinarias pezas e de todas as demais, pasadevos pola exposición, cada obra vai acompañada de un pequeno texto donde se explica brevemente de onde nacen e xurden estas obras.

E unha exposición para visitar con calma pois hai moitas obras que disfrutar!!

Deixamosvos tamén algunhas fotos xerais de como foi a montaxe, e tamém a inauguración.

 

Esperamos que vos guste, nos estamos moi orgullosas do traballo realizado, e das obras presentadas!! Grazas rapazas!!! ;D

Non perdades a oportunidade de visitala!!!

Advertisement

Exposición fin de curso “PROCESO PÚBLICO” EMAO 2017

 

Unha Bela Concertina …

Ésta foi a proposta que a especialidade de Ourivaría levou a cabo para presentar na Exposición “Proceso Público”

Unha Bela Concertina - Especialidade Ourivaría EMAO 2017
Unha bela concertina instalada no Espazo EMAO – Exposición “Proceso Público” 2017

A nosa obra invade e intervén o espazo público xerando “un muro” con unha romántica concertina que simula un talo con follas.

Esta peza naceu a partir da idea de criticar e concienciar sobre os arames de espiños que se colocan nos muros das fronteiras para evitar que entren os inmigrantes. É unha concertina que non fire, que é bela.

Unha Bela Concertina instalada no Espazo EMAO - Expo Proceso Público

O proxecto levounos a abordar unha obra de grandes dimensión, feita con mais de 112 metros de fío de cobre de 2 milímetros que estiraron os alumnos, e sobre 400 follas de cobre construídas empregando técnicas clásicas da ourivaría como a forxa e o cicelado.

 

 

Na construcción de esta peza participaron todos os alumnos da especialidade, que neste caso foron todos os grupos de primeiro curso, Iniciación, Básico A e Básico B.

Grupo Básico A 2017 - Ourivaría EMAO
Traballando no obradoiro

Os alumnos prepararon o fío, estiraron a chapa para as follas de fold formig, elaborando un mínimo de 10 follas por alumno, oito de forxa e dúas ciceladas, ainda que fixeron moitas mais ;D.

 

Estas follas soldáronse no fío, e así cada grupo construíu tramos de concertina que montaron na sala de exposicións.

DSC_0394
Grupo Básico A baixando a sala de exposicións para montar o seu tramo de concertina

 

 

E non todo foi a concertina ademais de todo este traballo tamén tiveron que elaborar os ciceis cos que se golpeou o metal para dar volume as follas. Estas ferramentas atópanse expostas, situadas no piso superior da sala, xusto enriba da nosa concertina.

 

 

Así que despois de tanta labor o último día de clase celebramos o traballo ben feito ;D

Básico B foto grupo
Último día de curso co grupo Básico B
Grupo iniciación 2016-17
Último día de curso co Grupo de Iniciación
DSC_0466
Último día de curso co grupo Básico A

Foi un grandísimo traballo dos alumnos, do que como mestra síntome moi orgullosa.

Grazas a todos eles pola súa implicación e traballo!!!!

E agora a SORPRESA!!!

Unha persoa a que lle encantou a nosa obra, o día da inauguración deixou colocadas na concertina dúas follas naturais que pasan totalmente desapercebidas, ¡¡¡¡ A idea encantounos así que alí están postas para que as atopedes!!!!

DSC_0023 (2)

                                                                Feliz verán a todos e vémonos a volta!! ;D

 

31 de Marzo – Xornada de portas Abertas na EMAO

la foto 1

O venres 31 de Marzo faremos unha xornada de Portas Abertas na Escola, poderanse visitar os obradoiros de todas as especialidades nos seguintes horarios:

  • De 10:00 a 12:00Construción artesanal de Instrumentos Musicais (Zanfona e Instrumentos populares Galegos) e Serigrafía Artística.
  • De 12:00 a 14:00Encadernación e Luthería Antiga. 
  • De 16:00 a 18:00: Escultura e Talla en Madeira, Debuxo, Pintura, Moda e Confección e Orfebrería. 
  • De 18:00 a 20:00: Cerámica e Artesanía en Coiro.

Ademais poderedes visitar:

  • De 9:00 a 12:00 e de 16:30 a 19:30 poderase visitar a Biblioteca da Escola, especializada en Oficios Artísticos.
  • De 19:00 a 21:00 no Espazo EMAO (Sala de Exposicións) poderase visitar a Exposición “#handmadenothomemade. Coiro: Volume e Cór”organizado pola especialidade de Artesanía en Coiro.

 

No Obradoiro de Ourivaría atoparedes traballando nos seus proxectos aos alumnos do curso Avanzado, explicaremos as técnicas e procedementos nos que están a traballar.

Alex esmaltando

Ángeles reticulando

ademais teremos unha exposición de traballos de tódolos grupos matriculados neste curso, como comenzaron a traballar con metal, e como cada vez os traballos vanse complicando en técnicas, deseño e construcción.

fundiendo

segueteando abi

O que queremos e amosar o que facemos e como o facemos, seguro que vos sorprenderemos!!!!

http://diasdelaartesania.es/content/escola-municipal-de-artes-e-oficios-do-concello-de-vigo?i=18&r=12&atelier=1&manifestation=1&centre=1&nb=35#.WNfODDuLTIU

Primeiras pezas dos alumnos do curso 2016-17

O curso comezou coa particularidade de que todos os grupos son de primeiro, Iniciación é o grupo da mañá e os Básico A e Básico B son os grupos da tarde.

O estudo da especialidade comeza por aprender as técnicas e procedementos básicos de esta arte a través da práctica, así pois as pezas que amosamos a continuación son o resultado creativo e construtivo do traballo dos alumnos, esperamos que vos gusten ;D

Pezas de Leticia Gestido, Básico A curso 2016-17:

 

 

As pezas que estamos a ver están construídas en cobre e latón incorporando outro tipo de materiais como a madeira.

 

Pezas de Tibisay Rey, Básico A 2016-17:

 

 

 

Pezas de Ana Álvarez, Iniciación 2016-17:

 

 

 

 

Pezas de Raquel Cendón, Básico A 2016-17: 

 

 

 

Continuará  … .. .

 

Traballando con acibeche I

Aneis de Acibeche e fío entorchado …

Esta é unha primeira mostra dos traballos de deseño e construcción dos alumnos do curso 2015-16

Anillo de plata, azabache e hilo entorchado de Amalia Silva Inunciaga - curso 2015-16 Ourivaría EMAO
Anel de prata e acibeche de Amalia Silva Inunciaga

anillo-az-filig-amalia-silva-3

O exercicio consistía en deseñar e construir un anel a unha talla determinada con deseño libre pero no que había que introducir o traballo con fío entorchado e con acibeche.

Anillo de plata y azabache de Olga Galán - Ourivaría EMAO
Anel de prata e acibeche de Olga Galán

                                                           Anillo de plata y azabache de Olga Galán - Ourivaría EMAO

Teño que dicir que os resultados foron excelentes, cada alumno tallou o seu acibeche coa forma que creía oportuna e adecuada para o seu deseño.

Anillo de plata, azabache e hilo entorchado de Andreea Obancea - curso 2015-16 Ourivaría EMAOAnillo de plata, azabache e hilo entorchado de Andreea Obancea - curso 2015-16 Ourivaría EMAO

            Anel “Estrela de mar” de prata e acibeche de Andreea Obancea

O aprendizaxe de traballar con un material novo para eles pero que forma parte da tradición xoieira de Galicia, foi moi exitoso.

Anillo de plata, azabache e hilo entorchado de Alfonso Fernández - curso 2015-16 Ourivaría EMAO
Anel de prata e acibeche de Alfonso Fernández

A pesar do peso da tradición os resultados foron moi contemporáneos, como xa vedes.

Anillo de plata y azabache de Marta Puga - curso 2015-16 Ourivaría EMAO
Anel de prata e acibeche de Marta Puga
Anillo de plata, azabache e hilo entorchado de Belén Peláez - Curso 2015-16 Ourivaría EMAO
Anel de prata e acibeche de Belén Peláez
Anillo de plata y azabache de Alexandre Hermida - curso 2015-16 Ourivaría EMAO
Anel de prata e acibeche de Alexandre Hermida

Anillo de plata, azabache e hilo entorchado - Alexandre HermidaAnillo de plata, azabache e hilo entorchado de Alexandre Hermida - curso 2015-16 Ourivaría EMAO

Anillo de plata, azabache e hilo entorchado de Elena Pedrosa - curso 2015-16 Ourivaría EMAO
Anel prata e acibeche de Elena Pedrosa

Anillo de plata, azabache e hilo entorchado de Elena Pedrosa - curso 2015-16 Ourivaría EMAO

Esta foi unha pequena mostra pero temos mais para mostrar …. ;D