Aneis de Acibeche e fío entorchado …
Esta é unha primeira mostra dos traballos de deseño e construcción dos alumnos do curso 2015-16

O exercicio consistía en deseñar e construir un anel a unha talla determinada con deseño libre pero no que había que introducir o traballo con fío entorchado e con acibeche.

Teño que dicir que os resultados foron excelentes, cada alumno tallou o seu acibeche coa forma que creía oportuna e adecuada para o seu deseño.
Anel “Estrela de mar” de prata e acibeche de Andreea Obancea
O aprendizaxe de traballar con un material novo para eles pero que forma parte da tradición xoieira de Galicia, foi moi exitoso.

A pesar do peso da tradición os resultados foron moi contemporáneos, como xa vedes.




Esta foi unha pequena mostra pero temos mais para mostrar …. ;D