Exposición fin de curso “PROCESO PÚBLICO” EMAO 2017

 

Unha Bela Concertina …

Ésta foi a proposta que a especialidade de Ourivaría levou a cabo para presentar na Exposición “Proceso Público”

Unha Bela Concertina - Especialidade Ourivaría EMAO 2017
Unha bela concertina instalada no Espazo EMAO – Exposición “Proceso Público” 2017

A nosa obra invade e intervén o espazo público xerando “un muro” con unha romántica concertina que simula un talo con follas.

Esta peza naceu a partir da idea de criticar e concienciar sobre os arames de espiños que se colocan nos muros das fronteiras para evitar que entren os inmigrantes. É unha concertina que non fire, que é bela.

Unha Bela Concertina instalada no Espazo EMAO - Expo Proceso Público

O proxecto levounos a abordar unha obra de grandes dimensión, feita con mais de 112 metros de fío de cobre de 2 milímetros que estiraron os alumnos, e sobre 400 follas de cobre construídas empregando técnicas clásicas da ourivaría como a forxa e o cicelado.

 

 

Na construcción de esta peza participaron todos os alumnos da especialidade, que neste caso foron todos os grupos de primeiro curso, Iniciación, Básico A e Básico B.

Grupo Básico A 2017 - Ourivaría EMAO
Traballando no obradoiro

Os alumnos prepararon o fío, estiraron a chapa para as follas de fold formig, elaborando un mínimo de 10 follas por alumno, oito de forxa e dúas ciceladas, ainda que fixeron moitas mais ;D.

 

Estas follas soldáronse no fío, e así cada grupo construíu tramos de concertina que montaron na sala de exposicións.

DSC_0394
Grupo Básico A baixando a sala de exposicións para montar o seu tramo de concertina

 

 

E non todo foi a concertina ademais de todo este traballo tamén tiveron que elaborar os ciceis cos que se golpeou o metal para dar volume as follas. Estas ferramentas atópanse expostas, situadas no piso superior da sala, xusto enriba da nosa concertina.

 

 

Así que despois de tanta labor o último día de clase celebramos o traballo ben feito ;D

Básico B foto grupo
Último día de curso co grupo Básico B
Grupo iniciación 2016-17
Último día de curso co Grupo de Iniciación
DSC_0466
Último día de curso co grupo Básico A

Foi un grandísimo traballo dos alumnos, do que como mestra síntome moi orgullosa.

Grazas a todos eles pola súa implicación e traballo!!!!

E agora a SORPRESA!!!

Unha persoa a que lle encantou a nosa obra, o día da inauguración deixou colocadas na concertina dúas follas naturais que pasan totalmente desapercebidas, ¡¡¡¡ A idea encantounos así que alí están postas para que as atopedes!!!!

DSC_0023 (2)

                                                                Feliz verán a todos e vémonos a volta!! ;D

 

Advertisement