Monográfico de Ourivaría e Serigrafía – Nova Convocatoria de Cursos Monográficos na EMAO

Ola a todos!!! Xa comezou o novo curso ordinario pero tamén xa temos nova convocatoria de cursos monográficos.

O curso Monográfico da nosa especialidade será feito en colaboración coa especialidade de Serigrafía Artística baixo o título  “Serigrafía aplicada ás técnicas de esmaltado ao lume”.

IMG-20180929-WA0004 2IMG-20180929-WA0001

Impartido por Alba Pardo e eu mesma Sandra de Jesús, mestras de Serigrafía artística e Ourivaría respectivamente.
Destinatarios: O noso monográfico é aberto a persoas sen coñecemento previo sobre ás técnicas destas especialidades pero non deben estar matriculadas na EMAO no curso 2018-19
As Datas do cursos son: Do 22 de outubro ao 21 de novembro de 2018. Luns e mércores de 10,00h as 13, 00h
Duración: 30 horas

Qué imos facer neste curso: Pois imos construir un broche ou colar aplicando as técnicas de esmalte ao lume, sobre as pezas xa esmaltadas con cores base, aprenderemos e aplicaremos con esmalte as técnicas serigráficas, empregando os deseños do libro de Ramón de la Sagra (1855), La isla de cuba, Tomo VIII atlas de zoología, París ,que se pode consultar na Hemeroteca da EMAO.

O obxectivo deste curso é: dotar ao alumnado dos coñecementos básicos da serigrafía e aplicalos de maneira práctica e específica na técnica do esmalte ao lume de ourivaría.

  • Deseñar a peza ou pezas de cobre que compoñen o colar ou o broche, estas pezas serán esmaltadas unha primeira vez con esmaltes de base e unha segunda vez cos debuxos serigrafiados baixo a temática da Fauna e da Flora mariña.
  • Aprender a traballar e aplicar as técnicas e procedementos básicos da Serigrafía e da Ourivaría.
  • Crear unha peza rematada (broche ou colar) coas técnicas descritas e con debuxos que sacados do libro de Ramón de la Sagra (1855), La isla de cuba, Tomo VIII atlas de zoología, París ,que se pode consultar na Hemeroteca da EMAO.

O Programa:

  • Desenvolvemento do deseño dos distintos elementos que forman a peza final, integración e combinación das cores.
  • Adecuación dos elementos a temática e a funcionalidade.

Ourivaría (metodoloxía teórico-practica)

  • Materiais e ferramentas a empregar
  • Técnicas de corte
  • Técnicas de conformado
  • Limar e esmerilado
  • Técnicas de esmaltado
  • Articulacións e peches
  • Acabados e montaxe

Serigrafía (metodoloxía teórico práctica)

  • Materiais e ferramentas a empregar
  • Preparación de pantaias e fotolitos
  • Emulsionado, insolado e revelado
  • Estampación
  • Limpeza de pantaias serigráficas.

Material a aportar polo alumnado: comprará en grupo certos consumibles de baixo custo; as indicación daranse ao comezar o curso.

Aproveitade este monográfico pois aplicar serigrafía ao esmalte ao lume é algo que non se aprende en moitos sitios así que aquí tedes unha boa oportunidade.

CONDICIÓNS COMÚNS A TÓDOLOS CURSOS
Duración curso: 30 horas
Lugar: Aulas e talleres da Escola Muncipal de Artes e Oficios de Vigo
Prazas limitadas: 15 por curso
Non poderán inscribirse as persoas que estean matriculadas na EMAO no curso 2018-2019

Inscripción:
Gratuíta. Mediante envío de correo electrónico ao enderezo emao@vigo.org, cos seguintes datos (imprescindibles):

  • Asunto: [nome do curso]
  • Nome e apelidos do/a solicitante:
  • DNI:Teléfono de contacto:
  • Enderezo de correo electrónico no que desexan recibir a confirmación de admisión, se é o caso.
  • Anos nos que cursou estudos da especialidade na EMAO [se é o caso no que sexa condición telos cursado para acceder ao curso solicitado]

Admisión de solicitudes:
Prazos: ata o 18 de outubro de 2018 (agás curso de Talla/Encadernación que ten de prazo de presentación ata o 18 de decembro)

  • Só se admiten persoas maiores de 16 anos.
  • Só serán válidas as solicitudes que cumpran estrictamente as condicións indicadas nesta convocatoria para cada curso en concreto.
  • A inscrición farase por estricta orde de recepción do correo electrónico de solicitude ata cubrir o máximo de prazas ofertadas.
  • A confirmación da matrícula realizaráa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase aos reservas.

 

Ademais do noso curso aquí podedes var toda a Convocatoria dos Monográficos

Esperámosvos!!! ;D

Deixar un comentario